Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo escénico: Don Gelati

Evento xa rematado

No marco do programa Convida Bueu 2020, o Concello de Bueu programará todos os martes do verán actuacións escénicas para público familiar en diversos espazos da vila. Así, o 21 de xullo será a quenda de Dani García e Don Gelati, que actuarán a partir das 21.00 h no Parque Ramal dos Galos. Como en todos os eventos programados para este verán, tomaranse todas as medidas para respectar a seguridade e a hixiene pola Covid-19.

SINOPSE: Un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de xeados, co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un sorriso á veciñanza. Mais o pobre Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que arranxar con enxeño e cunha chea de maxia antes de que os seus xeados se derretan. Dani García constrúe, empregando a súa habitual destreza e cun entrañable personaxe, unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras, e onde a comunicación co público é constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa, sinxelo e directo, con grande mobilidade, sen necesidades técnicas externas e practicamente sen límites para a fantasía.