Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo escénico: ‘Contos para un caldiño

Evento xa rematado

No marco do programa Convida Bueu 2020, o Concello de Bueu programará todos os martes do verán actuacións escénicas para público familiar en diversos espazos da vila. Así, o 7 de xullo será a quenda de Baobab Teatro e o seu espectáculo «Contos para un caldiño», que se poderá seguir a partir das 21.00 h na Praza Massó. Como en todos os eventos programados para este verán, tomaranse todas as medidas para respectar a seguridade e a hixiene pola Covid-19.

A obra, pensada para os nenos e nenas de 3 anos en diante, convida ao público a escoitar e a deixarse levar polos contos e polos obxectos visuais que se presentan, así, un chapeu que non é un chapeu, unha tesoira non é unha tesoira.