Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: Proxección dilme «Las niñas»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o mércores 14 de xullo, a Banda do Río acollerá a partir das 22.30 horas a proxección do filme “Las niñas”, de Pilar Palomero, que se desenvolve nun colexio de monxas da Barcelona do 1992, onde dúas amigas descobren a nova etapa da adolescencia.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.