Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: proxección de «Mujercitas»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o mércores 18 de agosto, a Praza Massó acollerá a partir das 22.00 horas a proxección do filme «Mujercitas» de Greta Gerwig. Amy, Jo, Beth e Megson catro irmás en plena adolescencia, que viven coa súa nai nunha Norteamérica que sofre a Guerra Civil. A través das súas variadas vocacións artísticas e desexos xuvenís, descubrirán o amor e a importancia dos lazos familiares.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.