Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: proxección de «María Solinha»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o mércores 11 de agosto, o Parque Novas de Beluso acollerá a partir das 22.00 horas a proxección do filme «María Solinha«, de Ignacio Vilar, unha reconstrución da historia da muller canguesa que fora acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.