Espazo Convida 21: proxección de “Arima”

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o mércores 28 de xullo, o Parque Ramal dos Galos acollerá a partir das 22.30 horas a proxección do filme “Arima” de Jaione Camborda. Nela cóntase o momento exacto no que a vida de catro mulleres e unha nena se ve alterada pola chegada inagardada de dous forasteiros.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.