Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: proxección de «Ant-man»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o mércores 25 de agosto, o Torrecino de Cela acollerá a partir das 22.00 horas a proxección do filme “Antman» de Peyton Reed. Tras abandonar o cárcere o ladrón e estafador Scott Lang recibe a chamada do misterioso Dr. Hank Pym para realizar un traballo especial. O científico subministra ao mozo un traxe especial, que lle outorga a capacidade de reducir o seu tamaño ao dun insecto, ao tempo que aumenta considerablemente a súa forza. Con esta nova arma no seu poder, capaz de comunicase cos insectos, Lang deberá abrazar o seu heroe interior, esquecer o seu pasado de delincuente e tratar de salvar o mundo dunha terrible ameaza.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.