Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: Espectáculo infantil ‘Saboor!’

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o martes 13 de xullo, a Banda do Río acollerá a partir das 21.30 horas a representación teatral “Saboor!” da compañía Culturactiva,  un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía de fondo. Dous recoñecidos chefs chegan á vila nunha peculiar food-truck coa idea de amosarnos as súas habilidades, pero as cousas non acaban de funcionar como desexan… Félix Rodríguez (Odaiko, Píscore) únese con Fran Rei (Falar sen Cancelas, Os Sete Magníficos) dirixidos por Avelino González nunha proposta que nos vai abrir o apetito e as ganas de rir.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.

Toda a información sobre o espectáculo na web: https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/saaabor