Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: espectáculo infantil de ‘Píscore’

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o martes 27 de xullo, o Parque Ramal dos Galos acollerá a partir das 21.30 horas a representación escénica a cargo de Píscore, que chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Esta compañía naceu na primavera do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa «Esther Píscore», trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.