Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: Alba Grande

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o martes 24 de agosto, o Torrecino de Cela acollerá a partir das 21.30 horas un espectáculo familiar a cargo de Alba Grande, quen ofrecerá unha proposta de narración oral que inclúe música, cancións e escenas de títeres creados con obxectos. O espectáculo fala de medio ambiente, de respecto pola natureza e pola convivencia.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.