Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: actuación musical de García MC e Nación Quilombo

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias. Esta actuación enmárcase no apartado de ‘Espazo Musical’ subvencionado pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos 2021.

Así, o sábado 3 de xullo, a Praza Massó acollerá a partir das 21.30 horas o concerto a cargo de García MC e Nación Quilombo, un grupo de rap galego con moita proxección. Froito de 20 anos como Mc e sendo un referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia, García Mc sorprende agora cun espectáculo innovador á fronte de Nación Quilombo, banda que combina os ritmos do mundo con hip-hop coa palabra como centro.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.

Un adianto da música que poderedes atopar: