Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: actuación musical ‘A Banda da Loba’

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o venres 9 de xullo, a Praza Massó acollerá a partir das 21.30 horas a actuación musical de ‘A Banda da Loba’, grupo que conta cun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou contemporáneas, caracterízanse polo seu estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk, facendo do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. Esta actuación enmárcase no apartado de ‘Espazo Musical’ subvencionado pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos 2021.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.

Un adianto musical do que ides atopar: