Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: actuación de Mallou

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias. Esta actuación enmárcase no apartado de ‘Espazo Musical’ subvencionado pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos 2021.

Así,  o venres 30 de xullo, o Parque Ramal dos Galos acollerá a partir das 21.30 horas a actuación de Mallou, un dúo conformado por Sabela Rey e Benxamín Vázquez que bebe do country, o blues e o soul, e co propósito de exaltar a música tradicional galega.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.