Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: «A Tropa do Doutor Milagre» de Inventi Teatro

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o martes 6 de xullo, a Praza Massó acollerá a partir das 21.30 horas a representación teatral «A Tropa do Doutor Milagre» a cargo de Inventi Teatro, unha sesión para a cativada e as persoas maiores que, con humor e retranca, conta as solucións máxicas que ofrece o Doutor Milagre aos seus pacientes: espumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.

Toda a información sobre o espectáculo na web: https://urdime.gal/project/a-tropa-do-doutor-milagre/