Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: Títeres Alakrán- Pekeno Kabaret de Tolos

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O martes 5 de xullo, os máis pequenos e pequenas poderán gozar do espectáculo «Pekeno Kabaret de Tolos» a cargo de Títeres Alakran, que terá lugar ás 21.30 horas na Praza Massó.

SINOPSE: Espectáculo musical de marionetas de fío.

Un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música: Camarón de la Isla, Ella Fitzgerald, o gaiteiro Avelino Cachafeiro, Bola de Nieve, Jimmy Hendrix, D.J. Federico, un brakedancer sen papeis, e mesmo a morte

Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de involucrar e conmover ó público con esta tolemia de espectáculo, cun final demoledor no que, literalmente, rodarán cabezas.