Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: Su.Ma- Ikigai

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O martes 12 de xullo, o exterior do Centro Social do Mar acollerá ás 21.30 horas o espectáculo «Ikigai» de Su.Ma

SINOPSE:

Premio do Público no Festaclown 2020

Dúas grandes artistas galegas como Sue Moreno e María Move crean SU.MA para abordar os seu primeiro show baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante).
Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.