Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: Raquel Queizás- Travesías

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O martes 2 de agosto, o Adro de Sanamedio (Bon) acollerá ás 21.30 horas a obra «Travesías» a cargo de Raquel Queizás

SINOPSE: Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.