Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: proxección «The Farewell»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O mércores 3 de agosto, o Adro de Sanamedio acollerá ás 22.00 horas a proxección do filme «The Farewell».

SINOPSE: tras descubrir que a súa querida matriarca padece un cancro de pulmón terminal, a súa familia decide que ela non o saiba, e convocan unha reunión familiar na China á que se lle espera que acudan todos os membros que a conoceran ao longo da súa vida. Aínda que os pais de Billi, que viven en Nova York, néganse a participar no que para eles é unha farsa, a súa filla pon rumbo á China para poder despedirse da súa avoa e, de paso, volver forxar os vínculos perdidos coa súa familia a causa da distancia.