Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: proxección de «Verano 1993»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O mércores 20 de xullo, a Casa da Aldea de Meiro acollerá a proxección ás 22.30 horas do filme «Verano 1993».

SINOPSE: Frida, unha nena de seis anos, afronta o seu primeiro verán coa nova familia adoptiva despois da morte da súa nai.