Espazo Convida 2022: proxección de «Valentina»
Evento xa rematado
-
Data
6 julio, 2022
-
Hora
10:30 pm - 12:00 am
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.
O mércores 6 de xullo, a Praza Massó acollerá a proxección do filme «Valentina» que se poderá ver a partir das 22.30 horas.
SINOPSE:
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa – que lle ensina a xogar ao axedrez e un monte de cancións- anímaa a seguir adiante. «Se as eirugas conseguen convertese en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, mírame a min, ¡eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!». Pero a nena non está moi convencida, pois pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta.