Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: proxección de «Spiderman. Un nuevo universo»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O mércores 24 de agosto, o Torrecino de Cela acolle a proxección do filme «Spiderman. Un nuevo universo», ás 22.00 horas.

SINOPSE: nun universo paralelo onde Peter Parker morreu, un mozo de secundaria chamado Miles Morales é o novo Spiderman. No entando, cando o líder mafioso Wilson Fisk constrúe o «Super Colisionador» trae a unha nova versión alternativa de Peter Parker que tratará de ensinarlle a Miles como ser un mellor Spiderman. Pero non será o único Spiderman en entrar neste universo, senón que catro versións alternas aparecerán e buscarán regresar ao seu universo antes de que toda a realidade colapse.