Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: proxección de «Onward»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O mércores 17 de agosto, a Praza Massó acolle ás 22.00 horas a proxección da película «Onward».

SINOPSE: ambientado nun mundo de fantasía suburbana, dous irmáns elfos adolescentes, Ian e Barley Lightfood, embárcanse nunha aventura na que se propoñen descubrir se existe aínda algo de maxia no mundo que lles permita pasar un último día co seu pai, que faleceu cando eles aínda eran moi cativos como para poder lembralo.