Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: proxección de «Mr. Link»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O mércores 10 de agosto, a Praza Massó acollerá ás 22.00 horas a proxección do filme «Mr. Link».

SINOPSE: Sir Lionel Frost considérase a si mesmo o maior investigador de mitos, monstros e lendas. Estes calificativos foron cuestionados polo seu círculo máis próximo, o que o anima a comezar unha investigación polo noroeste americano en busca do Eslabón Perdido, unha misteriosa criatura metade humano, metade besta.