Espazo Convida 2022: proxección de «Cuñados»
Evento xa rematado
-
Data
27 julio, 2022
-
Hora
10:30 pm - 12:00 am
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.
O mércores 27 de xullo, ás 22.30 horas, a Praza Massó acollerá a proxección do filme «Cuñados».
SINOPSE: Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuetsrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só existe un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. No entanto, é o propio Modesto quen crea un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.