Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: proxección de «Buscando a Dory»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O mércores 13 de xullo, a Praza Massó acollerá ás 22.30 horas a proxección do filme «Buscando a Dory».

SINOPSE: un ano despois dos acontecementos narrados en «Buscando a Nemo», Dory vive apraciblemente con Marlin e o seu fillo Nemo. Pero durante unha viaxe para ver como as mantarraias migran de volta á casa, os problemas de memoria de Dory parecen desaparer durante un segundo: lembra que ten unha familia e inmediatamente decide emprender viaxe para atoparse cos seus pais, aos que perdeu hai anos.