Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: «Memorias dunha rapasa da costa» de Marta Doviro

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O xoves 7 de xullo, a Praza Massó acollerá ás 21.30 horas o espectáculo «Memorias dunha rapasa da costa» de Marta Doviro

SINOPSE: Marta Doviro (Malo Será, Luar, Pazo de Familia…) presenta o seu primeiro monólogo. Un exercicio cómico sobre a nosa forma de ser e facer en contraposición ao que os medios e o cinema nos poñen como modelo.