Espazo Convida 2022: Marta Ortiz- Galicia máxica
Evento xa rematado
-
Data
23 agosto, 2022
-
Hora
9:30 pm - 10:30 pm
O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.
O martes 23 de agosto, o Torrecino de Cela, acolle ás 21.30 horas o espectáculo «Galicia máxica» de Marta Ortiz.
SINOPSE: Unha sesión de contos para achegar ao público a figura de Carvalho Calero, homeaxeado nasLetras Galegas deste ano 2020.En CONTOS DA GALICIA MÁXICA Marta Ortiz fará un pequeno achegamento á figura deCarvalho Calero con contos da tradición oral galega e lusófona. O repertorio de contos deste espectáculo de narración oral está composto na súa totalidade decontos tradicionais galegos e portugueses. Hai romances, cancións, brinquedos e xogos da nosa tradición e do país veciño, tradicións que gardan con elas costumes e sentires dun pobo. Marta Ortiz pretende poñer en valor a irmandade lingüística que temos Galicia, Portugal e toda alusofonía. E tamén poñer en valor e achegarlles ás nenas e nenos o noso
patrimonio cultural.