Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: Diáspora Teatro- O peirao

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O martes 16 de agosto, a Banda do Río acollerá ás 21.30 horas o espectáculo «O peirao» a cargo de Diáspora Teatro.

SINOPSE: Dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Algunhas veñen de preto outras de lonxe e outras non teñen procedencia. Contos para mirar o redor, a natureza, a nós mesmos, para coidala, para coidarnos. O peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela. Para querela un pouco máis, para mirala desde un lugar diferente.