Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: Dani García-Tin

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O martes 26 de xullo, a Praza Massó acollerá o espectáculo «Tin» de Dani García, ás 21.30 horas.

SINOPSE: Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas.

Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo.

TIN é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.