Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: «Bravas» de Isa Risco

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O xoves 11 de agosto, o Parque Joe Novas de Beluso acollerá ás 21.30 horas o espectáculo «Bravas» de Isa Risco.

SINOPSE: Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valeroso clan, o clan que elas mesmas paren, amamantan, manteñen, constrúen cós alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.