Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: Brais das Hortas-Contos para caghar patatillas

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O martes 19 de xullo, a Casa da Aldea de Meiro acollerá ás 21.30 horas o espectáculo «Contos para caghar patatillas» de Brais das Hortas.

SINOPSE: Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.

Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta… Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.