Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 2022: actuación musical de «Onte e hoxe»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza este verán o Espazo Convida, un programa ateigado de actividades para todos os públicos e en diversos espazos, que ten como obxectivo achegar as diversas manifestacións culturais á cidadanía.

O venres 5 de agosto, o Adro de Sanamedio acolle a actuación musical de «Onte e hoxe» a partir das 21.30 horas.

Onte e Hoxe é unha agrupación músico-cultural nada no ano 2015, como trío. O pouco tempo incorporouse Anxo como o seu percusionista. Onte e Hoxe comezou cunha ilusión, a de recuperar aquela música que nos abriu paso ao que temos hoxe en día. O noso repertorio é amplo e contén temas da música galega dos anos ’60 e ’70 e tamén cancións de grupos de tendencia na actualidade galega. O noso fin é ir camiñando por nós mesmos pero sen esquecer as nosas raíces, tentando deste xeito divulgar e recordar o que nos une como galegos!!!