Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo cinema: «O menino e o mundo»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O 26 de agosto, ás 22.00 h, proxectarase o filme ‘O menino e o mundo’ na Praza Massó.

SINOPSE: Un neno que sofre pola ausencia dun pai deixa a súa aldea e descobre un mundo fantástico, dominado por animais – máquina e seres estraños. Esta película de animación extraordinaria conta con moitas técnicas distintas e aborda os problemas do mundo moderno a través dos ollos dun neno.