Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo cinema: «Los Goonies»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O 19 de agosto, ás 22.00 h, proxectarase na Praza Massó o filme «Los Goonies».

SINOPSE: Mikey é un neno de trece anos que forma un grupo xunto ao seu irmán maior e os seus amigos chamado «los Goonies». Un día deciden subir ao faiado da casa, onde o seu pai garda antigüidades. Alí atopan o mapa dun tesouro perdido que data do século XVII, da época dos piratas, e deciden saír buscalo cun gran espírito aventureiro.