Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo cinema: «Ernest & Celestine»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

A Praza Massó acolle o 12 de agosto ás 22.00 h a proxección de «Ernest & Celestine», que narra a historia de amizade entre un oso que non quere converterse en notario e unha ratiña, bastante distraída, que non ten ganas de ser dentista.