Espazo cinema: «El secreto de la pirámide»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza durante todo o verán o programa Convida 2020, que ofrecerá espectáculos musicais, escénicos e cinematográficos para toda a familia. Todos estes eventos contan coas garantías de seguridade e saúde establecidas con motivo da Covid-19, polo que son totalmente seguros.

O 5 de agosto proxectarase na Praza Massó o filme ‘El secreto de la pirámide’, ás 22.00 h.

SINOPSE: unha oleada de asasinatos estraños manteñen en suspenso a cidade de Londres. Mentres, o mozo Sherlock Holmes e o seu novo amigo Watson vense involucrados, case sen advertilo, nunha escura trama. E o detective lánzase a investigar e resolver o caso máis sorprendente da súa estraordinaria carreira.

Praza Massó, s/n, 36930, Bueu