Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Entroido de Verán na Banda do Río

Evento xa rematado

A Asociación de Veciños da Banda do Río organiza, coa colaboración de diversas entidades, o Entroido de Verán que se celebrará o sábado 18 de agosto na Banda do Río. Os Djs Robertto, Alex G. eNewk amenizarán a xornada, e tamén haberá actividades para a rapazada co Club Golfiños, ademais de charangas e batucada.

O Club Golfiños organiza as actividades para os máis pequenos/as a partir das 20.00 horas ao lado do Estaleiro de Purro. Organizarán diversos xogos, así como unha pequena merendola, polo que se agradece que os pais/nais traian algo para compartir entre todas (bebida, comida, etc).