Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Entrega Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo

Evento xa rematado

O 25 de maio o Centro Social do Mar acollerá o acto de entrega dos Premios Johan Carballeira, que se celebrará ás 12 horas e ao que asistirán Xosé Luís Mosquera Camba, gañador na categoría de poesía, e Lois Pérez, na de xornalismo. Ademais, contarase con espectáculo “Indóciles”, no que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica De Nut sorprenderán con narración, poesía e música para expresar a forza da figura e obra de Luísa Villalta.