Entrega premios 1º Concurso Microrrelatos Cela

Evento xa rematado

A Asociación Cultural Costumes de Cela organiza o 17 de maio, ás cinco da tarde, o acto de entrega dos premios do 1º Concurso de Micorrelatos e do concurso de debuxos para nenos/as de primaria, que será presentado por Diana Vilas, mestra do IES Illa de Ons. A actividade celebrarase no Adro de Cela e contará coa animación do grupo de baile tradicional Recordos da Nosa Terra.

En caso de mal tempo, o acto trasladarase á Casa da Cultura de Cela.