Easpazo Convida 21: Patty Diphusa

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o martes 3 de agosto, o Parque de Sanamedio-Bon acollerá a partir das 21.30 horas o espectáculo ‘Patty Diphusa”.  Armada cun humor moi pícaro e moitas ganas de pasalo ben, Patty Diphusa conquista os corazóns do público porque como ela di “Aos artistas se respéctaselles, pero aos pallasos ámasenos”. Pero, quen é Patty Diphusa? É moitas cousas: monologuista, humorista, artista, arealista, malabarista, anticapitalista e curta de vista. Tamén mestra de cerimonias e, claro, pallasa.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.