Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Día Mundial do Autismo

Evento xa rematado

Os Concellos de Bueu, Cangas e Moaña únense aos actos polo Día Mundial do Autismo, que se celebra o vindeiro 2 de abril. Así, na semana do 1 ao 7 terán lugar diversos eventos de visibilización desta enfermidade.  O mesmo día 2, as fachadas das Casas Consistoriais prenderanse de azul e os colexios da comarca lerán un manifesto. O 3 de abril, o salón de plenos de Bueu acollerá a charla «Autismo Educación e Inclusión», que será impartida por Luís Pérez Rivas a partir das 18.30 horas.

Por último, no Concello de Moaña celebrarase o 7 de abril, ás 11.30 h, un acto de visibilización do Día Mundial da concienciación do Autismo.