Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Degusta Europa na Praza de Abastos

Evento xa rematado

A Deputación de Pontevedra organiza a cuarta edición do programa «Degusta Europa» que, un ano máis, levará a vangarda e a innovación gastronómica aos mercados e prazas de abastos de concellos da provincia ao abeiro da celebración do Día de Europa. Así, o 4 de abril, o 2º andar da Praza de Abastos de Bueu será o escenario dunha demostración gastronómica de deliciosas e orixinais tapas como ensalada con peixe escabechado, tarta de queixo galego con marmelada de mazá, crema de caldo de cocido con lacón e chourizo, lambetada de Paté de mexillón da nosa ría, cristais de alga e pau de colín, ou pipiritapa de laconciño, crocante de pan de castañas con prebe de mar e montaña. As persoas que se acheguen ao mercado poderán degustalas.