Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso de novas tecnoloxías para persoas maiores

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, xunto á Fundación Amigos de Galicia e a Xunta de Galicia, organiza un curso de novas tecnoloxías para persoas maiores, que se desenvolverá na sala de reunións do local de Benestar Social o 23,25 e 30 de xaneiro e 1 de febreiro, entre as 10 e as 12.30 horas.

Esta formación está dirixida á independencia dixital das persoas maiores para levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma. Os obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móvil para que, de forma práctica, os/as alumnos/as poidan experimentar unha aprendizaxe significativa e interiorizar as actividades propostas; tales como solicitar unha cita médica, gardar quenda no seu Concello ou Centro de saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar un teléfono móbil.

As inscricións poderán facerse de balde no departamento de Benestar Social ou a través do teléfono 886124816.