Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso autoestima para mulleres

Evento xa rematado

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu e a Asociación por Beluso (Asbel) organizan a comezos de ano un novo taller para reforzar a autoestima das mulleres, co que se pretenden ofrecer ferramentas para que poidan exercer unha vida plena e valorar as propias capacidades.

O curso desenvolverase os días 16, 23 e 30 de xaneiro, e 6 de febreiro, e as inscricións deben facerse de balde antes do 13 de xaneiro a través do teléfono 986324395 ou no correo psicologacim@concellodebueu.gal.

O taller estará impartido por Beatriz Monroy, psicóloga do CIM, e nel abordaranse cuestión como a definición da autoestima e a súa construción, exercicios para a confianza persoal, técnicas para descubrir os recursos persoais e afrontar os pensamentos negativos, así como a creación dun discurso sobre a propia valoración persoal. O obxectivo é que as participantes poidan modificar as súas debilidades e mellorar as súas fortalezas para lograr avances na súa vida persoal e profesional.