Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cross Cabo Udra

Evento xa rematado

Tras os éxitos das primeiras edicións, o vindeiro 16 de xuño regresa o IV Cross Popular de Cabo Udra, que combinará natureza, deporte e actividades complementarias nunha contorna privilexiada da costa de Bueu. A ADFS Bueu é a organizadora deste evento

Este cross seguirá o mesmo sistema que o ano pasado, integrándose dunha carreira absoluta de 10 quilómetros, e diversas categorías con percorridos adaptados segundo a idade, que van desde os pitufos de 3 anos (2015), pitufos de 4 anos (2014), pitufos de 5 anos (2013), minibenxamín (2011-12), benxamín (2009-10), alevín (2007-08), infantil (2005-06), popular (a partir de 2004).

As inscricións poden facerse na web www.championchipnorte.com antes do 12 de xuño.

Regulamento cross cabo udra

Máis información na web www.crosscaboudra.com.