Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Creactivity

Evento xa rematado

Os días 30 e 31 de MAIO de 2019 o espazo itinerante Creactivity, deseñado pola Obra Social «la Caixa» visitará a pista da Banda do Río para ofrecer á comunidade educativa recursos, actividades e programas educativos dirixidos ao alumnado e profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, coa finalidade de promover o desenvolvemento competencial dos máis novos.

Creactivity é unha das actividades que se impulsan desde EduCaixa, e está dirixida a grupos escolares de 1.º a 6.º de primaria e 1.º e 2.º ciclo de educación secundaria. Un facilitador acompaña os alumnos a través dun proceso de creación, en sesións gratuítas de 90 minutos por clase (25 alumnos aprox.).

A través dun contexto innovador de aprendizaxe inspirada no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, Creactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.

O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis.

Os alumnos traballarán competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico.