Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Costa Atlántica MTB Tour

Evento xa rematado

O Concello de Bueu acollerá este venres unha das fases da Costa Atlántica MTB Tour que iniciará o seu camiño na vila morracense, e que continuará durante a fin de semana polos municipios de Pontevedra e Sanxenxo.

A partir das 10.00 h da mañá sairán os ciclistas desde a zona próxima ao Centro Social do Mar para voltar ao mesmo punto arredor das 13.00 h. Nesa franxa de tempo percorrerán 58 quilómetros. Ao día seguinte, a proba continuará polos montes de Pontevedra, cun total de 86 quilómetros, e xa por último, na localidade de Sanxenxo, con 64 quilómetros.

Tal e como salienta Ricardo Verde, concelleiro de deportes, “este evento supón unha enorme oportunidade para dar a coñecer esta disciplina deportiva entre a poboación”.

Os e as participantes encádranse en diversas categorías: elite masculino, elite feminina, master 30, master 40, master 50, master feminina, categoría open parellas masculino, categoría open parellas feminino, categoría open individual masculino, categoría open individual feminino, categoría mixta.

Páxina web do evento