Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CORTOCÁN

Evento xa rematado

  • Este evento de carácter solidario terá lugar no Centro Social do Mar ás 21.00 horas e nel proxectaranse cinco curtas de humor

A Asociación Protectora de Animais do Morrazo e o Concello de Bueu organizan o próximo sábado, 20 de novembro, unha noite de cinema especial no Centro Social do Mar, que terá un fin solidario.

A partir das 21.00 horas as persoas asistentes poderán gozar de cinco curtametraxes de humor nunha gala presentada por Román Gutiérrez da Silva, creador e director do Curtocircuíto e Centolo Films (considerado o primeiro festival de curtas que se organizou en Bueu). Este evento supón unha boa oportunidade para gozar do cinema e, ao mesmo tempo, colaborar cun colectivo que realizar un labor imprescindible no coidado dos animais na comarca.

Na sesión poderanse ver “La maldición del Capitán Centolo” y “Centolos y gaitas”, dúas curtas rodadas no 2005 e 2006 na Illa de Ons; “Me llamo Rama”, dirixida por Alber Ponte, considerado un dos curtametraxistas máis premiados de España; e, por último, “Devorados por la noche” de Oscar Doviso e “La metafísica del asesino”, ambos de Rubén Méndez, quen vén de gañar o premio do xurado á mellor curtametraxes galega do Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa e varios galardóns en festivais internacionais.

As entradas poden reservarse no teléfono 697523385 cun custe de 8.00 €, e a sesión recoméndase para persoas maiores de 13 anos.