‘Contos no Camiño’
Evento xa rematado
-
Data
15 noviembre, 2020
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
No marco do programa ‘Falaredes’, a Xunta de Galicia e o Concello de Bueu, organizan o 15 de novembro ‘Contos no Camiño’, unha función na que os contadores galegos Xurxo Souto, Beatriz Campos e Quico Cadaval comparten escenario para deleitar cun guión inspirado no Camiño de Santiago, baseado en lendas e historias peculiares e centrado no humor.
A actividade terá lugar ás 12.00 h no Centro Social do Mar, e conta cun límite de 60 prazas. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través dun formulario dispoñible na páxina web do Concello de Bueu.