Contacontos para público adulto: «8(M)ulier» de Trémola Teatro
Evento xa rematado
-
Data
11 marzo, 2023
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
No marco da programación polo Día Internacional das Mulleres, o Concello de Bueu organizará o 11 de marzo un contacontos para público adulto. A cidadanía poderá gozar de “8(M)ulier”, unha proposta de Trémola Teatro para público adulto, que se desenvolverá 21.00 horas no Centro Social do Mar, con entrada de balde ata completar capacidade. Neste espectáculo reflexiónase sobre os contos tradicionais conversando co público a través de preguntas como “Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional? Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas? E se fose necesario reverter o feitizo?” 8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de contos, cancións e poemas, nunha viaxe que non deixará indiferente a ninguén.